O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello trasladou un aviso a Protección Civil e ao Servizo de Protección da Natureza para activar o protocolo de retirada de serpes, despois de que o pasado domingo o persoal de limpeza observase dous exemplares, de aproximadamente un metro de longo, nas instalacións do polideportivo municipal ‘Ezequiel Mosquera’, na Ramallosa.
Dentro deste conxunto de medidas, esta tarde está prevista a chegada dun herpetólogo ao pavillón para analizar a situación, localizar os animais, proceder á súa retirada e avaliar medidas preventivas adicionais. Unha das tarefas que se prevé é a aplicación dun produto repelente específico para este tipo de animais.
Como medida de precaución, desde o mesmo momento en que se avistaron as serpes o venres pasado, o Departamento de Educación do Concello de Teo decidiu que o alumnado do CEIP da Ramallosa non utilice as instalacións do polideportivo ata que remate a retirada dos animais. Deste xeito, evitouse toda situación de risco. En colaboración co Concello, a dirección do centro educativo remitiu unha circular para os pais e nais co propósito de mantelos puntualmente informados dos feitos e das solucións que se van aplicar.