O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta pasada noite queimaron seis coches nas rúas da urbanización dos Tilos. Segundo os datos que achegan as forzas de seguridade os sucesos déronse en tres puntos distintos; na rúa Salgueiro, na Loureiro e no calexón traseiro do centro comercial. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, explica que se trata de actos "aos que non lle atopo sentido e tomaremos as medidas que estean nas nosas mans".
O rexedor destaca que actos "coma estes non teñen ningún sentido" e aproveita tamén para amosar a súa sorprera "porque neste caso o 112 non avisou ao alcalde, mentras noutros casos de menor importancia chama aínda que sexa de madrugada".
Dende o Concello estase en contacto coa Garda Civil, encargada da investigación, e verase que actuacións se poden realizar para evitar que sucesos coma estes se repitan. Nos próximos días estudarase a convocatoria da Xunta Local de Seguridade na que participa o Concello e a Delegación do Goberno ademais da policía local e a garda civil.