O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Benestar programa un Curso de inglés para persoas maiores de 60 anos.
Esta actividade, que será de balde para os e as asistentes, pretende socializar ás persoas maiores mediante a aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
O curso, que comezará o vindeiro 6 de outubro, desenvolverase durante o curso escolar todos os venres entre as 19.30 e as 20.30 horas. As clases impartiranse na escola de inglés Gola situada na rotonda dos Catro Camiños dirección Oza. Esta actividade realízase grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e Gola. Ademais das clases para maiores no centro tamén se impartirá formación gratuíta para un grupo de nenos/as seleccionados dende os Servizos Sociais municipais.
O período de inscrición comeza o día 25 de setembro e pode realizarse directamente no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Teo ou chamando ao teléfono 981 809 707.
Esta é a segunda edición deste curso, que xa tivo unha boa acollida durante o pasado curso. Para garantir a continuidade do alumnado do pasado curso e por motivos de docencia, terán prioridade os e as alumnas inscritos durante o curso pasado. O criterio para adxudicar o resto das prazas será a orde de inscrición.