O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O grupo Chévere está preparando a súa nova obra, titulada Eroski Paraíso. Trátase dunha comedia social que mostra como se fose unha película documental a vida e o desarraigo dunha familia desa inmensa e anónima clase media. E buscan a un ou varios veciños de Teo para participar na montaxe.
A obra está protagonizada por Miguel de Lira (o pai), Patricia de Lorenzo (a nai) e Cristina Iglesias (a filla). Na peza hai un personaxe máis, o avó. Un personaxe que está sempre presente, observando o que está pasando en escena pero sen participar nos diálogos. Para interpretar este cuarto personaxe gustaríalles contar coa participación dun ou varios veciños do Concello de Teo.
Para poder ser un dos elixidos hai que ser home, ter máis de 65 anos e ter dispoñibilidade para acompañar a Chévere ás funcións dos meses de marzo e abril. As datas das funcións comunicaríanselle con anterioridade e no caso de haber máis actuacións noutros meses tamén se lle avisaría con tempo.
As persoas interesadas en participar están convidadas a realizar unha práctica teatral con Chévere fixará e comunicará con tempo. Entre os participantes seleccionarase a un máximo de tres que se adapten ao perfil do personaxe, que teñan interese e posibilidades de incorporarse ao proxecto.
Para obter máis información ou facer consultas pódese chamar aos teléfonos: 981 594 996 (10h. a 14h.) ou 690.195.217 ou enviar un correo electrónico a info@grupochevere.eu