O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A partir do mércores 16 de agosto, comezarán as labores de sinalización vertical e horizontal para os cambios na circulación na urbanización dos Tilos.
Segundo indican dende o departamento de Urbanismo "estas labores precisan cortes de tráfico para a correcta execución". Estes traballos comezarán o próximo mércores 16 de agosto, nun tramo da rúa Ameneiro, dende a intersección coa Rúa Carballo ata a rotonda da estrada AC-841, Santiago-A Estrada.
Tentarase que os cortes de tráfico sexan o máis curtos posibles e iranse notificando coa suficiente antelación para reducir as molestias á veciñanza afectada.
Nos próximos días tamén se fixará a data concreta dende a que os cambios na circulación serán xa efectivos, unha vez rematen todos os traballos de sinalización.
Aquí pódese consultar un plano de situación da zona do corte afectada.
Dende o Concello agradécese a comprensión polas molestias que se poidan ocasionar. Para máis información pódese contactar co Concello no 981.815.700.
Estudo de mobilidade na urbanización
Attachment | Size |
---|---|
0495_001.pdf | 219.65 KB |