O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

COMEZA A SEGUNDA EDICIÓN DE 'VIVES EMPREGA TEO'

| compartir:

O Concello de Teo acaba de iniciar a segunda edición do proxecto ‘Vives Emprega Teo’, que desenvolve colaborando coa entidade ‘Acción Contra el Hambre’. O obxectivo desta iniciativa é reforzar as habilidades persoais e profesionais de persoas en situación de desemprego, para así mellorar as súas oportunidades de acceder a un emprego.

Baixo o lema ‘A por elo, porque nunca é tarde’, o novo grupo efectuará as súas actividades ata o mes de decembro. Aínda é posible que se incorporen máis persoas a este ‘Vives Emprega Teo'. Poden presentar as súas solicitudes a través do teléfono 629 563 058 ou do enderezo electrónico marodino@accioncontralehambre.com.

 

A iniciativa consta de tres sesións de grupo semanais de tres horas cada unha, de luns a mércores en horario matinal. Cada mes ofrécese unha sesión de orientación e asesoría individualizada. E de maneira puntual e continua realízanse obradoiros externos con profesionais da selección de persoal e de orientación laboral. O proxecto complétase coa participación en feiras e eventos de emprego e coa análise das competencias de emprego de cada participante.

 

40 % de contratación na edición anterior

Na anterior edición, entre os pasados meses de abril e xullo, participaran 25 persoas, das que un 40 % xa asinaron un contrato de traballo. O proxecto mantén o apoio e acompañamento nos seus procesos de busca para intentar conseguir o 100 % da inserción nos vindeiros meses. As persoas participantes, de entre 24 e 55 anos de idade, presentan unha gran diversidade de perfís profesionais e traxectorial laboral.

 

‘Vives Emprega Teo’, que na primeira edición contou coa colaboración dos departamentos de Recursos Humanos de empresas como Atendo, Finsa, Cortizo, Gadisa, Eulén Flexiplán ou Mercadona, serviulles ás persoas participantes para diversificar os seus obxectivos profesionais, reciclarse, especializarse a través da formación e afianzar a súa busca de traballo no escenario das tecnoloxías 2.0.

vivesemprega