O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo comezou o sábado 16 de abril coas actividades conmemorativas da Batalla de Cacheiras, cas cales, segundo a Concelleira de Cultura, Pilar Faxil, “non celebramos unha guerra, senón un acto histórico que marcou a historia da Galicia contemporánea”.
O día 22 é o escollido para que o alumnado do IES de Cacheiras e do IES de Carral faga o seu tradicional intercambio, que leva en marcha dende o ano 2000, no que percorrerán o trazado que seguiu o exército do Xeneral de la Concha no ano 1846. O paseo estará acompañado de explicacións didácticas acerca da batalla.
Ás 20:00 horas dese mesmo día, presentarase na Mediateca do Grilo unha publicación para conmemorar o 170 aniversario da batalla con artigos de Ramón Villares Paz, Xosé María Lema Suárez e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, escritores y veciños de Cacheiras. Trátase de dous artigos sobre a batalla e a transcrición do discurso de inauguración do monumento á batalla de Montouto. Ademais, o documento conta cun prólogo do Alcalde de Teo, Rafael Sisto. No acto tomarán a palabra Xosé María Lema e o alcalde.
A última actividade desenvolvida dende Cultura será o día 23, cunha Ruta Interpretativa, desta vez, aberta a todos os veciños. O punto de encontro será o Campo da Festa de Bamonde, ás 9:30 horas, onde se lles explicará aos participantes a relevancia da Reitoral, na que pernoitou o Xeneral de la Concha antes de tomar camiño cara a Montouto. Dende alí, un autobús trasladará aos asistentes á Pena Escorredía (Montouto), dende onde comezará o percorrido, que dende alí pódese facer dun xeito máis sinxelo. Polo camiño, irase parando en puntos ou construcións importantes na batalla, dos que se explicará o seu interese histórico. As prazas desta iniciativa están limitadas a 50, polo que será necesario inscribirse no Departamento de Cultura ou chamando ao número 981 815 700 antes do día 22 de abril.
O pasado sábado, os teenses xa puideron desfrutar da obra teatral “Abril de lume e ferro”, interpretada polo Grupo de Teatro da Asociación Teatral e Cultural Abril de Lume de Ferro.