O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As xornadas contaron finalmente con case 30 persoas inscritas das que a maioría son demandantes de emprego, algúns deles con idea de emprendemento. As xornadas estaban deseñadas en módulos para que no caso de non ter dispoñibilidade horaria para asistir á totalidade se puidese escoller os máis interesantes para cada perfil.
No programa das xornadas tívose en conta a realidade actual así como os temas de máis interese para os novos empredores e hai módulos sobre financiamento e axudas ou de coñecemento dos novos medios, como desenvolver unha marca, imaxe corporativa, comercio electrónico e redes sociais. As xornadas, que contan co financiamento da Deputación, son de balde para os asistentes.
Dende o departamento dirixido por Conchi García destácase que esta experiencia tamén quere aproveitarse para detectar necesidades formativas do colectivo de emprendedores e empresarios teenses que servirán para deseñar novas accións.