O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A comunidade educativa do CEIP da Ramallosa participa no programa Mochilas solidarias impulsado pola Obra Social La Caixa. A Anpa Río Tella, o propio centro escolar e o Concello unen os seus esforzos para previr a exclusión social dentro do ámbito educativo do CEIP da Ramallosa.
O ano pasado xa se traballou neste eido e nesta ocasión, grazas ao proxecto Mochilas Solidarias, tamén da Obra Social A Caixa, conseguíronse 2.037 €. Con este orzamento adquiríronse tres ordenadores portátiles para alumnos do CEIP A Ramallosa, así como un cheque en material escolar para cada un dos 8 alumnos que Servizos Sociais do Concello de Teo incluíu neste proxecto.
O curso pasado conseguiuse un proxecto cunha valor de 4.600 €, dos cales 1.600 € destináronse a dotar de material específico para o departamento de Orientación do CEIP A Ramallosa e o Programa de Arte de Educación Infantil. O resto adícase neste curso ao pago dunha Actividade Extraescolar para 8 alumnos do centro así como outros investimentos no propio centro, sempre destinadas ao grupo de alumnos para os que se impulsou esta iniciativa.
Dende a anpa destacan que na comunidade educativa hai gran diversidade de condicións persoais, o que pode determinar o desenvolvemento do/a neno/a. Cando son circunstancias negativas poden derivar en baixo rendemento escolar, dificultades de interacción social ou e desigualdade de oportunidades. Dende a comunidade educativa, que inclúe a todos as partes (pais, centro, concello...) enténdese que hai que traballar para compensar e evitar a exclusión social do alumnado no que se dean estas circunstancias.
"En xeral, a nosa sociedade exclúe por diversos motivos (relixiosos, económicos, lingüísticos, raciais, sexo,...) por iso, pensamos que é necesario incidir na mellora do noso sistema educativo para acadar a integración social de todo o alumnado e que, máis adiante, poidan participar como cidadáns que son" indican dende a Anpa Río Tella.
O noxo obxetivo nesta sinerxia é atender ao alumnado con “necesidade específica de apoio educativo” que require, de forma temporal ou permanente, apoios ou previsións educativas diferentes ás ordinarias por presentar:
Condicións persoais ou de historia escolar desfavorable (situación socioeconómica e culturalmente desfavorecida).
Necesidades educativas especiais (asociadas a discapacidade física , psíquica, sensorial ou a graves trastornos da personalidade ou da conduta).
Dificultades específicas de aprendizaxe; por altas capacidades intelectuais ; por incorporarse tardiamente ao sistema educativo (inmigrantes con descoñecemento da lingua ou graves carencias en competencias básicas ou outros motivos) .
Para elo, traballase en coordinación cos Servizos Sociais da Concellería de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, e a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Teo, o CEIP A Ramallosa e a Obra Social La Caixa e este traballo deu o seu froito a través de programas como o das mochilas solidarias.
Estes días realizouse a entrega das Mochilas Solidarias no Concello de Teo coa presenza de Nicolás Rivas Soilán (Director da oficina Caixabank de Cacheiras), Mª José Agra Becerra (Subdirectora Comercial da oficina Caixabank de Cacheiras), José Manuel Ferreirós Piñeiro (Director do CEIP A Ramallosa), Rafa Sisto Edreira (Alcalde de Teo), Pilar Faxil (Concelleira de Cultura e Educación), Ignacio Iglesias (Concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal), Marta Picado (Vicepresidenta da ANPA Río Tella) e Roberto Blanco (Secretario da ANPA Río Tella).