O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este xoves 18 de xuño ás 20:00 horas para celebrar a sesión extraordinaria organizativa. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo , na marxe dereita da portada.
Neste pleno, que se realiza ao comezo de cada mandato, dase conta de aspectos como a composición da Xunta de Goberno Local, o nomeamento dos/as tenentes de alcalde e acórdanse outros aspectos como a composición das comisións informativas ou as adicacións exclusivas.
Os puntos da orde do día son os seguintes:
1. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE MEMBROS E DELEGACIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
2. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE
3. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DELEGACIÓNS NOS/AS CONCELLEIROS/AS
4. PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE A PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO
5. PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
6. PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS
7. PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE PERSOAL EVENTUAL.
8. PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE RÉXIME ECONÓNOMICO DAS ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS
9. PROPOSTA ALCALDÍA DE ASIGNACIÓNS A GRUPOS POLÍTICOS