O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Novo acto de vandalismo en Teo, desta vez nos baños da área recreativa da Horta do Cura

| compartir:

O Concello condena o acto de vandalismo levado a cabo nos baños da área recreativa da Horta do Cura, en Luou. Este acto xa foi denunciado á Policía Local para que tomen as medidas oportunas. 

Desde o Goberno local non se vai tolerar este tipo de accións, pois as infraestruturas públicas son para o uso e desfrute de toda a veciñanza. Cabe lembrar que esta área foi recepcionada polo Concello a finais de novembro do pasado ano 2023 e xa foi vandalizada, un ano despois. Por iso lamentamos que se dean estas situacións. 

Queremos deixar claro que se buscarán os culpables para que paguen polos seus actos, posto que a limpeza deste tipo de graffitis supoñen un custo elevado para as arcas municipais. De feito, a concellaría competente xa se puxo a traballar para eliminar estas pintadas.  

Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e ao respecto polos bens públicos do municipio. 

foto