O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese mañá martes 15 de marzo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.
No pleno votarase a proposta da alcaldía de aprobación do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 que contempla o proxecto de obra do colector entre Espasande e A Ínsua (Luou) cun orzamento de 315.346 euros. Neste plan tamén se leva unha parte adicada a aminoración da débeda, no caso de Teo 68.000 euros.
A orde do día ten os seguintes puntos: