O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este xoves 28 de xullo en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendoaquí.
A orde do día terá os seguintes puntos:
1. Aprobación das actas da sesión ordinaria do 26/05/16, extraordinaria do 30/05/16 e ordinaria do 30/06/16.
2. Dar conta das resolucións da Alcaldía (da 502/16 á 612/16).
3. Dar conta do informe de cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais.
4. Ditame da proposta da Alcaldía sobre festivos locais do Concello de Teo para o ano 2017.
5. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre medidas en relación ás segregacións en solo de expansión de núcleo rural.
6. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre rexeitamento á discriminación por razón de idioma contida na desestimación da solicitude de fondos IDAE.
7. Ditame da moción do grupo municipal do PP sobre a realización dunha campaña para a erradicación da vertedura de augas residuais en Pontevea.
8. Mocións.
9. Rogos e preguntas.