O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Gloria Mosquera (Mamá Cabra) levará o seu Contos que saen dos libros á Biblioteca dos Tilos

| compartir:
Parroquia
Os Tilos

Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión e na compañía de Iago Rodriguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores. Será o sábado 13 de maio ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos (Casa Común dos Tilos). A entrada é de balde ata completar aforo. Haberá un punto de recollida de para o Banco de Alimentos (produtos comestibles no perecedeiros, fundamentalmente leite e conservas).

Esta actuación forma parte do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Gloria Mosquera acturá na Biblioteca dos Tilos