O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

INFORMACIÓN SOBRE OS ACCESOS Á PISCINA MUNICIPAL DA RAMALLOSA NOS DÍAS DA PROBA DO CAMPIONATO DE TRIAL

| compartir:

Os días 12 e 13 de setembro Teo acolle a última proba do campionato do mundo de Trial. A zona do paddock estará situada na Ramallosa, no entorno da piscina climatizada da Ramallosa. Segundo a previsión dos organizadores dende o luns 7 de setembro irán chegando os equipos a Teo.

Á vista desta situación dende este luns haberá unha serie de modificacións de acceso á zona da piscina mais as actividades seguirán realizándose con normalidad.

A incidencia máis destacada é que dende o luns non se vai a poder deixar o coche nas zonas habituais de aparcamento. Diante da piscina só vai ser zona de paso para a gardería e o resto será utilizado polas escuderías, remolques, camións, o paddock, zona de adestramento etc…

Para estacionar o vehículo os/as usuarios/as da piscina deberán entrar polo acceso normal e na rotonda xirar á dereita, onde o poderán deixar nunha explanada habilitada. Estará indicado cun cartel que indica "Zona de aparcamento usuarios/as piscina". No caso de que este aparcadoiro estea cheo haberá unha zona de pago do outro lado da estrada que para os/as abonados/as da instalación será gratis presentando o carné.

Desculpen as molestias

teo