O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
No pleno ordinario do mes de abril, que se celebra mañá xoves 28, darase conta da liquidación do orzamento do 2015. A avaliación das contas do ano pasado deixan resultados moi positivos que en palabras do alcalde, Rafael Sisto, “reforzan a nosa xestión económica como unha xestión coherente e sobre todo responsable encamiñada a reducir o déficit histórico do Concello ”.
A diferencia entre os gastos e os ingresos deixan un resultado orzamentario positivo de 893.142 euros. Deste xeito o Concello de Teo encadena catro anos consecutivos con datos positivos ao peche do exercicio.
O remanente de tesourería, outro dos parámetros que recolle a liquidación, tamén deixa ver a evolución positiva nos últimos exercicios. Este ano sitúase en -307.589 euros cunha minoración significativa dende o 2012 cando estaba en -1.578.118 euros. No 2013 baixou a -1.236.182 e no 2014 quedou en -563.545 euros.
Como resumo dos resultados económicos do ano 2015 destacar que se cumpren os parámetros de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda, segundo recolle o informe de intervención.