O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Un total de 106 nenos e nenas de Teo inician hoxe o campamento infantil programado polo Concello na súa programación estival. A primeira hora da mañá, partiron desde A Ramallosa os dous autobuses que os trasladaron ata a localidade de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros. Alí emprázase o albergue que funcionará como epicentro das actividades. Na despedida de hoxe participaron pais, nais, avós e irmáns, acompañados polo alcalde en funcións de Teo, Ignacio Iglesias.
Durante unha semana, os participantes, nados entre 2004 e 2009, terán a ocasión de participar en diversas propostas lúdicas. Entre as actividades programadas, figuran exercicios de psicomotricidade, deportes, saídas de aventura, musicoterapia, teatro ou pintura. Nunha das xornadas, acudirán ao parque acuático de Cerceda.
Todas as actividades están pensadas para incentivar o traballo en equipo, na procura dunha maior interacción entre os nenos e nenas do campamento e de promover a súa socialización como valor fundamental para o seu crecemento educativo.