O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O grupo de teatro do IES de Cacheiras estrea a obra Dramachismos mañá xoves 17 de marzo no CSC da Ramallosa ás 20:00 horas. O acceso é libre e gratuíto. A obra é unha proposta sobre os estereotipos e (micro)machismos na sociedade actual. Unha aposta decidida do instituto por contribuír a loita contra a violencia de xénero e pola igualdade real entre nenas e nenos. O grupo de teatro do IES de Cacheiras leva xa seis anos actuando pola igualdade.
A peza está dirixida por Clara Gayo e interpretada por Daniela Félix Sousa 1º ESO D; Alba Jerez Carballude 2º ESO A; Sofia Vidalenc Parreira da Gama 2º ESO A; Yaiza Suárez Pardo 4º ESO D; Martín Mondragón Ribadulla 4º ESO D; Alicia Valdés Muñoz 1º ESO D; Sandra Viadel Turjanicova 4º ESO A; Demian Varela Pereiro 1º ESO B e Marcos Fariñas Ferro 1º BAC. As axudantes de dirección son Nerea Vaamonde, Laura Mella e Isabela Froilán e o guión tamén pertende a Clara Gayo.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades de fomento da lectura programadas no PLAMBE. Está organizada pola vicedirección do centro e colabora o departamento de música. Financian o Concello de Teo e o IES de Cacheiras.