O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo inicia un novo proceso de participación social "Teo decide. Río Tinto". A través del quere concretar con asociaicóns e persoas interesadas iniciativas para recuperar e promocionar o patrimonio ambiental, arquitectónico e social vinculado ao río.
As accións que se establezan, a partir das ideas achegadas entre todos, servirán para mellorar a calidade de vida das persoas que residen na proximidade do río.
O proceso é aberto a calquera que queira contribuír coas súas ideas e propostas. Para formar parte do proceso pódese participar nos foros e reunións que se celebrarán durante o mes de abril.
Este mércores 5 de abril ás 19:30 horas na escola de Francos realizarase unha presentación da experiencia "Vaipolorío" de recuperación do río Gafos en Pontevedra. Contaremos con persoas que participaron nesta iniciativa para poder compartir ideas con eles.
Despois haberá dous foros. O primeiro servirá para traballar as ideas orientadas aos ámbitos de Fixó, Balcaide e urbanización Campos de Mirabel. Será o 7 de abril dende as 19:30 horas no local de Aspamite. O segundo foro destínase aos ámbitos de Vilaverde, Francos, Osebe e Río Tinto. Será o 8 de abril dende as 10:30 horas na escola de Francos.
Os teléfonos de contactos do proceso Teo Decide son os seguintes: 609.909.564//627.570.943//629.747.336 ou no teléfono do Concello 981.815.700