O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO ASINA A SÚA ENTRADA NO PROGRAMA APEGO

| compartir:

O pasado sábado, A Coruña foi testemuña da adhesión de 11 novos concellos ao programa Apego, entre os que se atopa o Concello de Teo. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, foi o encargado de reflectir coa súa firma a entrada do concello neste porgrama, desenvolvido polo Departamento de Política Lingüistica. Deste xeito, súmase así aos 12 concellos que hai un ano iniciarion este proxecto, co que se quere “poner en valor a transmisión da lingua galega” nos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, “con apoio, información, recursos ou programación de actividades”.

No acto, presidido polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, explicouse en que consiste o programa Apego e a quen vai dirixido. Ademais, tivo lugar un concerto de música infantil, “Arrolos de salitre”, pola conta de Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

Pola súa parte, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, fixo fincapé na “necesidade dun proxecto coma este que valore positivamente a lingua e a súa transmisión, tendo en conta a situación xeral pola que pasa o galego”. Ademais, dirixiuse directamente aos pais e nais para convidarlles e que se sumen ao Apego e participen nas accións e nas redes que reforzan a socialización en galego dos seus fillos e fillas.

O programa comezará a funcionar en Teo dentro duns tres meses. Polo momento, as familias teenses poderán desfrutar de información, así como de recursos, na páxina do programa www.apego.gal .

teo