O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A falla de suministro eléctrico provocada polo temporal que estamos sufrindo está afectando, ademais de a numerosos particulares, a instalacións básicas no Concello como a Estación de Tratamento de Auga Potable de Pontevea (ETAP). Trátase da infraestrutura que bombea auga potable ao depósito de Rial do Mato que sirve a case todo o Concello. Gas Natural informa de que a avaría non se solucionará durante a noite polo que dende o Concello decidiuse informar á poboación e pedir un consumo responsable.
Neste momento (venres noite) o depósito está ao 50% da capacidade e estase buscando alternativas para poder poñer a traballar a ETAP mentras sigamos sen luz. Sen embargo pedimos que se faga un uso responsable da auga para que non cheguemos a ter problemas de abastecemento. Agradecemos a difusión deste aviso.