O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo convoca a Xunta Local de Seguridade para o próximo martes 21 de marzo ás 12:00 horas despois de coordinar a data para a xuntanza e a orde do día coa Subdelegación do Goberno. Nesta reunión farase unha valoración da seguridade cidadá no municipio, prestando especial atención á situación provocada polo incendio de seis vehículos esta pasada fin de semana na urbanización dos Tilos, así como os roubos en vivendas unifamiliares.
Na Xunta Local de Seguridade están presentes persoal do Concello, da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, Políca Autonómica, Policía Local e Protección Civil. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, explicaba no último pleno do Concello, ao falar sobre os roubos en vivendas que a última reunión da Xunta Local se realizou en decembro do 2015.
O alcalde mantivo esta mañá conversas co responsable do posto da Garda Civil do Milladoiro, encargados da investigación do suceso dos Tilos. Ademais tamén lle indicou á Policía Local a necesidade de priorizar as patrullas na zona fronte a outros traballos de menor urxencia. Por outra banda Rafael Sisto tamén mantivo contacto telefónico cos afectados/as para interesarse pola súa situación e ofertar o apoio municipal nas cuestións que puideran precisar como asesoramento legal.
Tamén se mantiveron contactos co 112, co que se tratou de corrixir os desaxustes que impediron o necesario aviso ao alcalde da situación de gravidade que se estaba a producir.