O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo acolleu esta mañá unha xornada de formación preparatoria do Club de Debate. Un total de 67 rapaces e rapazas de oito equipos dos concellos de Teo, Vedra e Ames, estiveron na Casa Común dos Tilos para traballar na preparación da fase de concurso desta competición impulsada polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos.
Nos Tilos reuníronse cinco equipos de Ames, dous do IES de Bertamiráns e tres do Milladoiro; un do IES de Cacheiras e dous do CEIP de Vedra, que participan convidados polo Concello de Teo. O principal obxectivo desta xornada era un primeiro contacto e coñecemento entre os/as participantes, ademais de explicarlles a dinámica e o regulamento da actividade nesta edición. A maiores tamén se lle deron consellos sobre a procura de información e a preparación de documentación para o debate así como recomendacións sobre habilidades comunicativas. Na xornada fixéronse tres grupos e cada un deles participou nos tres espazos nos que se dividiu a formación: o coñecemento do regulamento, as habilidades comunicativas e a busca de información. Ademais da propia convivencia entre os equipos o máis interesante foi a simulación do debate, como principal adestramento para as diferentes fases de concurso. Este ano o Concello de Teo participa na primeira fase do club de debate cos concellos de Oleiros, Ferrol e Carballo e está previsto que esta primeira competición sexa en Carballo no mes de marzo. O tema de debate escollerase nas próximas semanas despois de solicitar propostas aos centros participantes. A última fase celebrarase en Santiago o 6 de maio e os equipos que cheguen a ela terán que debater sobre se o futuro da lingua está na mocidade. Os gañadores dos debates de cada fase terán premios de 500 e 300 euros mentres que o equipo gañador da xornada final gañará unha viaxe dunha fin de semana para todo o grupo. O Club de Debate é unha iniciativa na que participan os seguintes concellos: Oleiros, Carballo, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Negreira, Rois, Dodro, Ames e Teo-Vedra. O Club de Debate chega este ano á sétima edición e naceu para fomentar o uso do galego entre a mocidade.