O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo celebra un acto institucional para conmemorar o 8 de marzo, Día da muller. E faino poñendo en valor o traballo feminino feito por mulleres de Teo dende hai décadas. A través de varios vídeos coñeceremos a historia e experiencia de mulleres de Teo que traballaban por exemplo na praza de abastos e logo tamén era parte fundamental no traballo da casa. O acto en Teo será o 7 de marzo ás 19:30 horas na Casa do Concello.
O martes farase unha lectura dunha declaración institucional por Dona Palmira Picón, matrona xubilada e veciña de Teo. Ademais da proxección é lecturas sobre as mulleres de Teo no propio Concello teremos a actuación musical de Najla Shami.
O 10 de marzo continúa a celebración do Día da muller coa presentación do libro "Máis aló do azul e do rosa" ou como educar en igualdade dende a familia. Será na Mediateca do Grilo ás 19:30 horas e contaremos coa presenza da súa autora, Ana Torres Yack.
Segundo destaca o concelleiro de Igualdade, Ignacio Iglesias, "convidamos á veciñanza de Teo a acompañarnos nestes actos, que consideramos moi necesarios para reivindicar un feminismo necesario aínda para loitar contra as desigualdades".
Por outra banda tamén está xa programada unha excursión dirixida a mulleres de Teo, que se vén celebrando nos últimos anos con motivo do Día da muller. Será o 2 de abril e visitarán a illa de San Simón, Vilaboa onde coñecerán as salinas de Ulló e Campo Lameiro. Para participar hai que anotarse no CIM de Teo, no correo electrónico cim@teo.gal ou a través do 981.809.707.