O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo convoca un minuto de silencio este mércores 23 de marzo ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial en sinal de condena e repulsa polos atentados en Bruselas. Anímase a toda a cidadanía a participar nesta manifestación solidaria.
Teo únese deste xeito ao chamamento realizado pola Fegamp de gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos atentados.
En Teo tamén ondean as bandeiras a media hasta en sinal de dor polos atentados, segundo se solicita a través da Delegación do Goberno. Estarán a media hasta dende hoxe ata as 24 horas do 24 de marzo.