O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo pon en marcha un Banco Municipal de Electrónica, que funcionará nun local na rúa Ameneiro nos Tilos. Este novo servizo inaugúrase o vindeiro martes 10 de outubro e funcionará grazas á implicación de persoal voluntario.
Este servizo recollerá ordenadores e teléfonos móbiles que os seus propietarios doen, e daranlle unha nova vida, preparándoos para ser reempregados por usuarios que os precisen e non dispoñan de medios económicos para adquirilos novos.
Esta iniciativa pretende abordar, por unha banda, a necesidade de dar soporte electrónico aos estudantes que por mor da súa situación económica non poidan contar con equipos informáticos e que, dado que moitos deles non contarán con conexións a internet nos seus domicilios, seranlle entregados con contidos pedagóxicos de uso libre que lles permitirán facer traballos escolares na casa.
Por outra banda, tamén se poderá dotar a persoas con baixos recursos económicos de teléfonos móbiles aptos para servizos básicos de telefonía.
E, finalmente, tamén ten por obxectivo fomentar a reciclaxe de recursos electrónicos que, cunha axeitada posta a punto poden ter unha vida adicional e conter a crecente masa de residuos que o vertixinoso mercado da electrónica está contribuíndo a crear.
O banco será xestionado por voluntarios con coñecementos en electrónica, informática e/ou pedagoxía. Os novos voluntarios que queiran participar poderán facelo poñéndose en contacto co departamento de Promoción Económica do Concello (981.815.700). O horario de recollida de doazóns é de 5 a 8 da tarde, todos os xoves laborais no local do Banco Municipal de Electrónica.