O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este luns 20 de febreiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada da mesma.
A proposta con máis peso nesta sesión do mes de febreiro será a do POS + 2017 que leva as diferentes obras que se financiarán a través deste plan de obras da Deputación. O goberno proporá numerosos arranxos e acondicionamentos de vías en lugares coma Casal e Recesende, Mouromorto, Lamas e Montes, Ribas, Vilar de Arriba, Constenla entre outros. Na proposta do departamento de Urbanismo tamén se contemplan sendas peonís en Calo e Os Tilos. Ademais da rede viaria, na que se prevé a mellora de quince quilómetros de vías, realizarase un bombeo en Ínsua e reducirase débeda con entidades bancarias.
Durante a sesión tamén se votarán varias propostas do BNG sobre a figura de Rosalía de Castro, a imposición da taxa por utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas de instalacións de transporte de enerxía ou relativa aos danos causados polo temporal de febreiro e ás responsabilidades das compañías eléctricas.
A orde do día terá os seguintes puntos: