O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo prepara para o vindeiro verán o DiverTeo, un programa de conciliación municipal que funcionará nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa nos períodos de vacacións escolares. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, tendo preferencia os/as menores empadroado/as en Teo.
Este verán, o DiverTeo contará con dúas edicións. A primeira, para o mes de xuño, contará con 150 prazas e terá lugar os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño. Para formalizar a inscrición, haberá que presentarse no Rexistro do Concello entre o día 12 e o 20 de maio, en horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados. A listaxe de admitido/as publicarase a partir do 25 de maio no taboleiro do Concello e na páxina web www.teo.gal. A adxudicación será por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez publicadas as listaxes de admitidos/as, poderá procederse ao pago do servizo ata o día 1 de xuño (inclusive) e o día 3 de xuño publicarase a listaxe definitiva. Non entregar o xustificante de pago antes do día 2 de xuño suporá a renuncia da praza.
O prezo para esta edición será de 9 euros o día, o que inclúe atención educativa e de tempo libre (5€), o almorzo (0,5€) e a comida do medio día (3,5€). No BOP Nº33, do 19/02/16 poden consultarse as táboas de prezos e de bonificacións.
Os horarios do servizo completo serán de 7:30 a 15:30 horas e o servizo sen comida de 7:30 a 14:00 horas.
Por outra banda, a edición de xullo está enfocada ao mesmo público e terá o mesmo prezo. Nesta ocasión, o número de prazas ascende a 170, que se repartirán en dúas quendas que irán, en primeiro lugar, do 1 ao 15 de xullo, e do 18 ao 29 de xullo.
O período de inscrición estará aberto no Rexistro Xeral do Concello dende o 12 ao 31 de maio. A listaxe de admitidos/as publicarase a partir do 8 de xuño na web www.teo.gal e no taboleiro do Concello. O pago poderá facerse ata o 10 de de xuño. O xustificante de pago terá que entregarse antes do día 13 para non perder a praza. As listaxes definitivas sairán o día 14 de xuño.