O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Benestar Social, dirixido por Ignacio Iglesias, organiza xunto a Asociación Terra varias charlas sobre saúde durante este mes de abril. Nas mesmas, que comezarán o vindeiro venres 15 de abril trataranse diversos temas.
O venres 15 o Dr. Diego Terceiro e o Dr. Javier Ayape estarán abertos a preguntas sobre as vacinas na charla “Que queres preguntar sobre as vacinas?”. O xoves 21 de abril a charla estará adicada ao corazón con “Coida o teu corazón”, impartida pola Dra. Tamara Varela e o Dr. Daniel de Bernardo. Ambas charlas serán na Mediateca de Cacheiras a partir dás 20:30 horas.
Por outra banda, mércores 27 de abril haberá otra oportunidade de coñecer todo sobre as vacinas, de novo cos doutores Terceiro e Ayape. Desta vez, será na Casa Común de Calo a partir dás 20:30 horas.
Por último, o venres 29 de abril está dirixido ás mulleres. A charla “Muller en feminino, muller en madurez” correrá a cargo das doutoras Rosa de la Fuente e Iria Mirás. Será na Mediateca de Cacheiras a partir dás 20:30 horas.
O acceso a estas charlas é libre ata completar aforo polo que dende o Concello anímase a todas as persoas interesadas a asistir.