O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO INICIA UNHA RONDA DE CHARLAS SOBRE O AFORRO ENERXÉTICO

| compartir:

O Concello de Teo, a través do Departamento de Benestar, inicia este xoves, día 4 de maio, a primeira das charlas programadas sobre o aforro enerxético. Esta charla terá lugar no Local da Mámoa de Luou, a partir das 20:30 horas.

O foro virá sucedido de outra charla, que se celebrará o día 20 de maio na Asociación Veciñal de Bamonde a partir das 20:30 horas. A última charla será o día 26 de maio na Asociación de Veciños de Recesende, tamén ás 20:30 horas.

 

Esta iniciativa foi presentada en rolda de prensa o pasado 21 de abril, onde Rosa María Regueiro, responsable do proxecto Teo Sostible e profesora da UdC, salientou que esta serie de foros abertos teñen “o finde aconsellar aos veciños e de educalos en materia enerxética” así como o de axudarlles a coñecer e a entender, por exemplo, as súas facturas enerxéticas. As charlas serán desenvolvidas polo equipo do proxecto.

aforro enerxetico