O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO LANZA A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O MES DE MAIO

| compartir:

O Concello de Teo presentará a FadaTea, a nova imaxe corporativa para os espazos de lectura do Concello. Ademais, no mes de maio estarán presentes tamén actividades para o Día das Letras Galegas ou actividades actividades infantís ou concertos para tódolos públicos.

Os primeiros días do mes de maio estarán cheos de demostracións de terapia asistida con cans nos colexios teenses. En primeiro lugar, “Animal Sensum” chegará ao CEIP A Ramallosa, onde estarán presentes os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria durante o día 2, e os de 3º e 4º durante o día 3. A seguinte quenda será no CEIP de Calo, coa demostración para o alumnado de 1º e 2º de primaria o día 9 de maio, e a de 3º e 4º para o día 10. En último lugar, a demostración chegará ao CEIP Os Tilos os días 12 e 13, para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria e de 3º e 4º respectivamente.

 

Por outra banda, os días 2, 9 e 23 de maio, terá lugar na Aula de informática da Ramallosa un obradoiro para nenos e nenas de entre 5 a 10 anos nomeado “A primaveira das letras”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas e para asistir será necesario inscribirse no teléfono 981 815 700, xa que as prazas son limitadas.

 

Do día 9 ao 14 a Biblioteca do Grilo acollerá a actividade “Eu son Manuel María”. Nela, os que se acheguen á biblioteca lerán un texto de Manuel María que se gravará e subirá ás redes. Os participantes recibirán un libro como agasallo. O horario será o propio da biblioteca. 

 

Seguindo coa lectura, o sábado 14 presentarase no Centro Cultural da Ramallosa a FadaTea, a nova imaxe corporativa dos espazos de lectura do Concello de Teo. No obradoiro, no que tamén participará Manuco Animación, haberá xogos, contacontos ou talleres de construción de monicreques. Ademais, os participantes recibirán un agasallo. As prazas están limitadas a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e será necesario asistir previa inscrición no número 981 815 700 antes do día 12 de maio. 

 

Os días 14, 21 e 28 de maio estarán dedicados tamén a Manuel María. Durante eses tres días, o grupo de lecturas dramatizadas “Palabras vivas de Teo” fará lectura das obras do escritor de forma teatralizada e musical. Será no Mercado do Alimento Labrego dos Tilos a partir dás 12:30 horas.

 

O día 15 celebrarase no Centro Sociocultural da Ramallosa “Xente miúda, moita fartura”, un concerto de Pablo Díaz enmarcado no programa FalaRedes. Dirixido a un público familiar, comezará ás 12:00 horas.

 

A Biblioteca dos Tilos acollerá o luns 16, a partir dás 20:00 horas, a velada poética musical “Manuel María”, da man do grupo de lecturas dramatizadas “Palabras vivas de Teo” e do obradoiro de guitarra municipal a cargo de Xoán Curiel.

 

Xoán Curiel será o encargado de amenizar a noite do venres día 21, coa presentación do seu novo disco “Ecuacións”. No acto, que terá lugar no Centro SocioCultural da Ramallosa a partir dás 21:30 horas, estará acompañado por Javier Álvarez.

 

Por último, o día 27 de maio a partir dás 18:00 horas, Soledad Felloza ofrecerá para un público infantil y familiar “Manuel María e o vento da palabra”, dentro do programa Ler conta moito. Será na Biblioteca do Grilo de Cacheiras. 

lecturas draatizadas