O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo vén de publicar o concurso público para o servizo de residencia teatral no Centro Sociocultural da Ramallosa. Desde xeito, ábrese o período de licitación, polo que o Concello busca a contratación do servizo de dinamización e produción teatral. O prazo de presentación de propostas remata o 28 de abril. A adxudicación do contrato farase por procedemento aberto e tramitación ordinaria, polo que tódolos/as empresarios/as interesados/as poderán presentar unha proposición. Para a adxudicación, teranse en conta varios criterios de valoración como a calidade das actividades propostas pola empresa para desenvolver anualmente, por implicar á comunidade local ou os méritos da propia compañía.
A finalidade deste contrato, segundo se recollen nos pregos, é a de “incidir no ámbito cultural e no campo das artes escénicas”, ademais de “achegar á veciñanza a unha oferta cultural e teatral estable e de calidade en lingua galega”.
A duración do contrato é de dous anos, coa posibilidade de prorroga por un ano máis. O valor estimado do mesmo é de aproximadamente 165.000€ que resultarían da suma do importe fixo abonado polo Concello, estimado en 35.000€ anuais máis IVE, máis o importe previsto pola venta das entradas, cuxa tarifa é de 10€, que ascendería a un total de 110.000€ máis IVE. O abono do importe do Concello farase de xeito trimestral, previa presentación das pertinentes facturas da empresa adxudicataria.
Os interesados poderán obter a documentación na Secretaría Xeral do Concello de Teo ou premendo aquí e presentala no Rexistro Xeral, de 9 a 14 horas, nun prazo de 15 días hábiles, que remata o 28 de abril.
Os criterios de valoración e os pregos de cláusulas administrativas están dispoñibles para a súa consulta premendo aquí