O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concelleira de Educación, Pilar Faxil, deu traslado esta mañá ao CEIP dos Tilos do Informe técnico do estado da sala de caldeiras do CEIP dos Tilos, solicitado para valorar o estado desta instalación que afecta ao aulario de infantil. Á vista das conclusións deste informe recomendase non seguir usando a citada caldeira ata que a Consellería de Educación a substitúa.
Neste momento xa se informou ao centro de que non se encenda e dende o Concello facilitáronse radiadores eléctricos como medida temporal para que o alumnado non pase frío.
O informe xa se lle trasladou, ademais de ao centro educativo, á ANPA e á Xefatura Territorial de Educación. Dende a Xefatura comprometéronse a enviar un técnico ao centro o próximo luns para valorar a situación.