O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo celebra o 1 de abril unha segunda edición do LibreTeo “coa intención de consolidar esta cita co software libre e o coñecemento e a cultura” segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Conchi García. Esta actividade desenvolverase na Ramallosa durante toda a xornada do sábado 1 de abril, coincidindo coa celebración do #arduinoday. Será na Ramallosa, co Auditorio Constante Liste, como sede central, aínda que tamén se usarán espazos da Casa do Concello.
Photocall coa tropa Korriban
Nas últimas horas a Tropa Korriban, a Asociación Galega de Fans de Star Wars, confirmou que estará presente no LibreTeo. 16 dos seus membros virán caracterizados e poderás facerte fotos con eles no seu photocall. Desde as 16:00 ata as 17:00 horas do sábado 1 de abril, unha representación das tropas imperiais e dos rebeldes estarán á disposición dos vosos móbiles e cámaras de fotos para que vos retratedes con eles. Esto será xusto unha hora antes de que comece a proxección das mellores curtametraxes sobre Star Wars (fanmovies) nese mesmo Auditorio Constante Liste, así que recomendámosvos que vos apuntedes tamén á proxección das curtas e debate posterior, que vai ser interesantísimo, segundo explican dende a organización do LibreTeo 2.0.
A información sobre a oferta de actividades do LibreTeo xa se poden consultar premendo aquí e de feito a inscrición nos diferentes talleres xa está aberta. A concelleira destaca “o esforzo do Concello por presentar unha oferta de actividades variada e interesante na que tentamos atender as diferentes franxas de idade con talleres para adultos/as pero tamén para nenos/as e mocidade”. Todas as actividades son de balde.
Durante esta xornada celebrarase a primeira Lan Party de Teo para a que hai 50 prazas e que estará funcionando durante 5 horas dende as 09:00 horas. Tamén haberá un obradoiro lúdico aberto no que poderán estar os máis pequenos/as en horario de mañá e tarde e no que se abordarán temas relacionados coa tecnoloxía dende un punto de vista lúdico. Para estar neste obradoiro tamén é preciso anotarse.
Os talleres tratarán temas como electrónica básica para nenos/as, arduino dende cero, audio e poscasting, instagram ou a webserie recentemente premiada nos Mestre Mateo “Galicia Crime”. Tamén haberá unha proxección das mellores fan-movies de Star Wars.