O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Consello Escolar Municipal do Concello de Teo acordou, nunha sesión celebrada onte 25 de outubro, aprobar unha moción de rexeitamento das reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato . No acordo, que se adoptou por unanimidade, solicítase a paralización das citadas probas ademáis de pedir a derrogación da LOMCE no Congreso dos Deputados.
No texto , debatido no Consello Escolar, lémbrase a forte controversia xenerada dende o inicio pola LOMCE aprobada polo PP en solitario e particularmente polas reválidas propostas tanto en primaria como en secundaria e no bacharelato. A maiores tamén se incide na inseguridade e incertidume na mocidade que iniciaron este curso académico sen saber como vai ser a proba terán que superar en 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
A moción tamén pide que se dote ao ensino público dos recursos precisos para dar resposta aos diferentes ritmos de aprendizaxe, intereses e motivacións presentes nas aulas.
O Consello Escolar Municipal de Teo ten representaicón de toda a comunidade educativa, alumnado, pais e nais, mestres, organizacións sindicais e representantes de colectivos vinculados con temas educativos e de asociacións veciñais. O concelleiro Fran Nanín é o responsable municipal da coordinación deste consello escolar en Teo.
Consulta o texto da moción premendo aquí
Attachment | Size |
---|---|
1477492222mocion_revalida_eso_bac_def.pdf | 17.58 KB |