O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O ESPECTÁCULO INFANTIL A MESTRA TOMASA CHEGA Á RAMALLOSA ESTE DOMINGO

| compartir:

Este domingo teremos en Teo o espectáculo infantil "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo". Está dirixido a un público infantil, a partir dos tres anos, e a función realizarase no Auditorio Constante Liste o domingo 19 de marzo ás 12:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. 

A función da mestra Tomasa é da Compañía teatral Duende Sico e pertence ao programa de Promoción e Fomento da Lingua da Deputación da Coruña. No espectáculo haberá música en directo e mestura de actores e monicreques cos libros como elemento protagonista. 

A galiña azul

Xa o 25 de marzo teremos no Auditorio Constante Liste a peza teatral "A galiña azul", unha adaptación teatral do libro de relatos homónimo de Carlos Casares, homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. A función será ás 18:00 horas e o acceso é de balde. Está dirixido a un público de 6 a 10 anos. Esta actividade pertence ao programa Falaredes.

A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown. 

teo