O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Como ven sendo habitual co cambio de estación, o Mercado Labrego dos Tilos celebra unha festa de benvida. Os produtos de tempada son o prato forte deste mercado, polo que haberá unha cantina na que se poderán degustar este tipo de produtos ademais de refrixerios a prezos simbólicos.
Produtores e produtoras convidadas doutras zonas acoden tamén á festa cos seus alimentos para unirse aos xa habituais e, ademais, mestres artesáns colocarán postos de artesanía nesta festa. Esta iniciativa trata de darlle un pulo ao mercado de proximidade mediante actividades atractivas arredor da merca de alimentos.
Ás 12.30 está prevista unha actuación de monicreques para todos os públicos.
Mercado de Cacheiras
Mañá venres, como xa está a ocorrer nas últimas semanas, celébrase entre as 9 e as 14 h, o mercado de Cacheiras no seu novo emprazamento, que trata de ser máis accesible para o público asistente