O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O PLENO DO CONCELLO VOTA O ORZAMENTO MUNICIPAL, QUE SUPERA OS 13 MILLÓNS DE EUROS

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 31 de marzo en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O pleno ordinario de marzo estará centrado por dous temas de xeito especial, os orzamento municipais do 2016 e varias mocións dos diferentes grupos en relación coa regularización catastral. O grupo de goberno somete a votación uns orzamentos cuns ingresos e gastos previstos de máis de 13 millóns de euros. No documento priorízase o mantemento en gasto social, investimento en obras, emprego e asociacionismo. Todas estas partidas increméntanse respecto dos orzamentos anteriores nunha aposta clara por manter e mellorar servizos. Dende a alcaldía, responsable da área económica, enviouse o documento dos orzamentos aos grupos da oposición, PP e BNG, o 14 de marzo sen ter recibido ningunha proposta de enmenda aos mesmos.

 

A regularización catastral que está realizando o Ministerio de Facenda e que nestas semanas se estivo notificando a moitos veciños e veciñas de Teo será outro tema para o debate xa que todos os grupos presentan mocións cuestionando o procedemento.

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

 

  1. Aprobación da acta das sesións do 25.01.16 e do 22.02.16
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 155/16 á 229/16)
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación ao persoal eventual.
  4. Dar conta do informe do cumprimento de prazos de pago das operacións comerciais, ano 2015.
  5. Dar conta da resolución da alcaldía nº 223 do 17 de marzo de 2016 de aprobación do proxecto da obra colector Espasande-Luou (PAI 2016).
  6. Dar conta da resolución da alcaldía nº 226 de 22 de marzo de 2016 sobre reorganización de concellarías.
  7. Ditame da proposta da alcaldía sobre dedicacións.
  8. Ditame da proposta da alcaldía de orzamentos municipais 2016.
  9. Ditame da proposta da alcaldía de modificación das bases para a concesión de axudas do transporte metropolitano de Galicia Social (TGMS) do Concello de Teo.
  10. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial da ordenanza para o impulso da lingua galega no municipio de Teo.
  11. Ditame da proposta da alcaldía de ratificación da resolución da alcaldía do 16 de marzo de 2016 (RES 222/16).
  12. Ditame da moción do grupo municipal Son de Teo-Anova e PSdeG-PSOE sobre o rexeitamento do sistema, cálculo e contido da revisión de valores catastrais impulsada polo Ministerio de Facenda do goberno central.
  13. Ditame da moción do grupo mixto (BNG) para reclamarlle ao goberno municipal de Anova e PSOE que reconsidere a suba do tipo de gravame do IBI.
  14. Ditame da moción do grupo municipal do PP para a regularización catastral.
  15. Ditame da moción do grupo mixto (BNG) de petición de adhesión do Concello de Teo á campaña BDS global.
  16. Mocións.
  17. Rogos e preguntas.
teo