O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
No marco do programa Teo30 vense de resolver o concurso de fotografía O meu Concello é Teo co que se pretendeu activar unha mirada de orgullo da poboación sobre o seu Concello.
O xurado composto por 3 mulleres e un home (Fátima Seijo, Lucía Mosquera, Leticia Base e Xoán Soler) valorou a cegas cada fotografía considerando tanto aspectos técnicos como a súa representatividade do do Concello de Teo.
O gañador do concurso foi Juan Rodríguez, cunha imaxe da ponte de Pontevea. O primeiro finalista foi Martín Pérez e o segundo finalista José Alberto García.
As 3 fotografías finalistas serán impresas como unha serie de tarxetas postais para repartir nos concellos limítrofes para dar a coñecer o atractivo do Concello de Teo.
O concurso, impulsado dende a plataforma Teo30, pretendía buscar as cousas que fan que os participantes se sintan orgullosos/as de vivir en Teo. Tamén se valoraba a capacidade de traballo para transmitir distintas percepcións e aspectos non evidentes que vaian máis aló da imaxe.
Participantes
O concurso contou con case 70 fotos presentadas que se enviaron no prazo aberto entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo. As temáticas foron moi variadas aínda que cun peso específico do medio natural e moita presenza do río, carballeiras e miradoiros.
Teo30 é un proceso de escoita activa para a implicación da poboación deseño colectivo dun Concello de Teo socialmente cohesionado e ambientalmente eficiente.
Impulsado polo Concello de Teo e implementado pola Fundación Galicia Sustentable, este proceso desenvolve un enfoque inclusivo no que as voces dos habitantes dun territorio son escoitadas en relación ao deseño de medidas de xestión adaptadas a realidade local.
A través de distintas fases e múltiples accións, buscase espertar o interese da poboación na definición do Teo que queren no horizonte do ano 2030.