O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo abre este ano o entroido coa celebración do mesmo nas parroquias de Bamonde, o sábado 11, e de Lucí, o domingo 12. Cabe destacar que en Lucí se vai celebrar despois de dezaseis anos sen contar con esta celebración. O entroido dos xenerais da Ulla
foi declarada festa de interese turístico de Galicia e este ano en Teo celebrámolo dende o 10 de febreiro ao 5 de marzo en Bamonde, Lucí, Reis, Teo, Cacheiras e Vilariño.
Na parroquia de Bamonde, este sábado 11, o coro e os xenerais sairán para percorrer as diferentes aldeas dende o mediodía e o atranque está previsto para as 19:00 horas no campo da festa.
No caso da parroquia de Lucí siarán case 100 persoas entre os coros de bonitos e vellos e as persoas a cabalo, 11 en total. Sairá un abanderado, dous correos e oito a xenerais. A comitiva sairá dende Pite ó redor das 11:00 horas para achegarse a Paredes e a Lucí. Ao mediodía comerán no campo da festa e dende alí irán ata Chaves e ata a Ramallosa. Na parte máis urbana estarán entre as 16:00 horas e as 18:40. E rematarán ó redor das 19:00 horas cos atranques no campo da festa, sen dúbida un dos momentos máis vistosos da xornada.