O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Quedan poucos días para participar no concurso de fotografía "O meu Concello é Teo" convocado dentro do programa Teo30 . Con esta iniciativa quéres activar unha mirada de orgullo da poboación sobre o seu Concello. Os traballos poderanse enviar ata o 20 de marzo de 2017.
O tema do concurso é as cousas que fan sentir orgullo de vivir en Teo así como aquelas singularidades polas que paga a pena visitar o Concello e valorarase sobre todo a capacidade do traballo para transmitir distintas percepcións e aspectos non evidentes que vaian máis aló da propia imaxe, segundo indican dende a organización.
Pode participar calquera persoa maior de idade con obras de autoría individual. Cada participante pode presentar tantas imaxes como queira. As fotos deben presentarse en formato jpg e con alta calidade (mínimo 1.800x1.800 pixeis, sen pasar de 1,5 mb de tamaño). As imaxes deben ir acompañadas un título e dun texto explicando o seu contido.
Os traballos deben enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: participa@galiciasustentable.org indicando no asunto da mensaxe "Concurso O meu Concello é Teo". No envío deberase indicar o nome e apelidos do autor ou autora, a data de nacemento, o enderezo de correo electrónico e un teléfono.
O premio deste concurso é unha cámara tipo réflex.