O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A partir do 1 de xuño, e ata o día 15, ábrese o prazo para realizar a confirmación mediante o pagamento da correspondente taxa en cadanseu campamento.
Podes consultar a admisión nesta listaxe de admitidos no campamento infantil ou na listaxe de admitidos/as no campamento xuvenil.
Unha vez comprobada a admisión nesta listaxe de admitidos no campamento infantil ou na listaxe de admitidos/as no campamento xuvenil, os e as interesadas en asistir debe realizar o pagamento da taxa entre o 1 e o 15 de xuño e entregar o xustificante no Departamento de Deportes do Concello ou enviar un correo electrónico adeportes@concellodeteo.com.
Se o día 16 de xuño non está entregado o xustificante enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes en listaxe de agarda. Ademais, se, por algunha razón, non vai asistir ao campamento debe comunicalo coa maior premura posible ao Departamento de Deportes do Concello par poder actualizar as listaxes.
Aquelas persoas que non entregaron a fotografía xunto coa solicitude poden entregala no Departamento de Deportes ou enviala escaneada ao enderezo anteriormente citado.
Os país, nais ou titores terán unha reunión informativa para organizar as necesidades durante as datas do campamento. Esta reunión será o día 7 de xullo ás 19.30 h para o campamento infantil e o día 29 de xuño ás 20.00 h no Salón de Plenos do Concello de Teo.
Podes consultar aquí as convocatorias completas.