O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alerta laranxa decretada pola Xunta de Galicia pola situación meteorolóxica fixo que o Concello acordara suspender as actividades prevsitas nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa e nos campos de fútbol de Cacheiras, Praíña e Recesende. A suspensión das actividades é efectiva na tarde do 22 de marzo ata as 12:00 horas do xoves 23, segundo as indicacións do aviso da Xunta de Galicia respecto das actividades ao aire libre.
No caso do Concello de Teo decidiuse suspender as actividades nos espazos deportivos para evitar riscos e traslados por estrada innecesarios.
O resto dos equipamentos, bibliotecas, escolas infantís, piscina municipal....funcionarán con normalidade.