O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello rematou as obras para acondicionar a antiga escola unitaria de Solláns como un espazo de traballo colaborativo ou ‘coworking’. O edificio ten así un novo uso por parte de persoas emprendedoras, autónomas ou startups que estean iniciando ou consolidando un proxecto empresarial e tamén por parte das entidades do tecido asociativo que promovan e divulguen os recursos do territorio e as actividades do agro. Acolle tamén actividades de formación de tecnoloxías de información e da comunicación. Os traballos, acometidos polo Concello e financiados con fondos europeos Leader, habilitaron un espazo central con capacidade para vinte postos de traballo, unha pequena sala de reunións e un estudo básico de son que se equipará en breve.
Quen poderá utilizalo?
Dentro dos perfís de persoas emprendedoras ou autónomas, vaise priorizar o acceso ás instalacións de mulleres, persoas desempregadas de longa duración ou maiores de 50 anos, e persoas cun grao de discapacidade dun mínimo do 33%. As obras acometidas garanten a accesibilidade do inmoble.
Que vantaxes terá?
Ao ser un espazo utilizado en común por persoas emprendedoras nos seus proxectos empresariais, serviralles para establecer sinerxias entre elas. Ademais, disporán de todos os servizos necesarios para o seu traballo, co que aforrarán o aluguer dunha oficina propia e contarán con oportunidades de crecemento en común. O uso será sempre de balde para os colectivos máis desfavorecidos e para quen faga un uso ocasional do espazo. Persoas que o utilicen con frecuencia ou que teñan negocios xa consolidados pagarán unha taxa para colaborar cos custos de auga, luz, limpeza e telefonía. En canto ao tecido asociativo, o Concello prevé convenios coas entidades, que terán acceso de balde.
Podes consultar aquí o regulamento do espazo de traballo colaborativo de Solláns.
A rehabilitación e acondicionamento da escola unitaria de Sollláns para a súa conversión nun espazo de traballo colaborativo contou con financiamento da Unión Europea (Fondos Leader) xestionado por Agader a través do GDR19 Asociación Terras de Compostela.
Attachment | Size |
---|---|
Ordenanza fiscal ETC de Solláns Asda..pdf | 323.27 KB |
Regulamento ETC Solláns Asdo.pdf | 335.03 KB |