O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concelleira de Cultura, Pilar Faxil, participou nunha xuntanza en Santiago co deputado de Turismo e Patrimonio da Deputación, Xosé Regueira,e con representantes dos concellos de Ames, Val do Dubra, Brión e Santiago de Compostela para avanzar no desenvolvemento do proxecto de parque arqueolóxico Compostela Rupestre.
Estes cinco concellos xon os que xa aprobaron a integración no parque arqueolóxico Compostela Rupestre, un proxecto que previsiblemente irá ao vindeiro pleno da Deputación da Coruña, paso previo á formalización do convenio de colaboración que estará dotado con 500.000 euros para o seu desenvolvemento. Boqueixón e Vedra poderíanse incorporar proximamente á iniciativa que ten como obxectivo a protección, promoción e difusión do patrimonio arqueolóxico do Val da Maía.
"Para nós é unha honra que xa cinco concellos se sumen a este proxecto de posta en valor do patrimonio rupestre, unha iniciativa que forma parte do itinerario da Deputación en que se inclúe o proceso para o proxecto do primeiro xeoparque en Ortegal e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte", sinalou Xosé Regueira na intervención posterior á xuntanza.
Para o deputado de Turismo e Patrimonio, o Val da Maía é un "territorio moi rico patrimonialmente e temos oportunidade de dar pasos firmes para que ese tesouro sexa rendíbel socialmente".
O concelleiro de Santiago, Jorge Duarte, agradeceu o papel da Deputación á hora de "impulsar este proxecto que nace de traballos previos da agrupación A Rula e que co compromiso de creación da mancomunidade e a dotación de 500.000 euros comprometidos permitirá poñer en marcha o parque".
Os primeiros investimentos dirixiranse por un plan de actuación que permita priorizar a compra e limpeza de parcelas e a licitación dun plan director ademais da elaboración do proxecto museográfico do xa existente Centro de Interpretación de Villestro.
Na xuntanza estudouse un primeiro calendario de constitución que pasa pola aprobación no pleno da Deputación e posterior sinatura do convenio marco a partir do que se convocará en quince días a primeira xuntanza do comité de dirección que estaría presidido polo Concello de Compostela no seu primeiro ano. O deputado Xosé Regueira estimou que no prazo dun ano o parque "poda estar xa sinalizado e bastante configurado".