O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
EDITADO. Segundo nos informan dende a organización do entroido en Cacheiras o domingo 11 decidiuse suspender o entroido polo mal tempo.
O Concello de Teo celebra o fin de semana grande do entroido cos xenerais da Ulla nas parroquias de Teo e Cacheiras. No caso de Cacheiras sairán o sábado 10 mentras que en Santa María de Teo sairán só o sábado.
A comitiva do entroido en Cacheiras pasará polos lugares de Pedrouso, Vilar, Guldrís, Lamas, Montes, Solláns, As Laxes, Requián, a zona do instituto, a zona da Igrexa, Sebe, a Pedra, Catro Camiños, As Pozas, Cacheiras, Montouto, a Póvoa, Cobas, a Barcia, Penelas, Tras do Eixo, as Noenlles, Procelas, a Torre, a Devesa, o Raxó, Feros e Cacheiras rematando no campo da festa o sábado. Estaba previsto que as dúas xornadas se pecharan co tradicional atranque a última hora da tarde no campo da festa. As coordenadas para o GPS do campo da festa son: 42º 49´17.8"/8º 32´38.2". Sen embargo o domingo non se realizará pola suspensión do entroido polo mal tempo.
En Santa María de Teo sairán o sábado dende mediados da mañá do campo da festa e pasarán polos lugares de Fontenlo, Noceda, Vilachaíño, Agromaior, Maios, Fontelo, Vilar, Campos e volta ao campo da festa. Rematarán co atranque e co sermón do “pai mala-lingua”, unha figura propia desta parroquia que fai un sermón de corte satírico e que se recita no momento dos atranques. As coordenadas de GPS do campo da festa son 42º 45´52.5"/ 8º 31´14.3"