O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo, a través da concellaría de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, convoca por segundo ano consecutivo o concurso de fotografía con teléfono móbil #OMeuTeo. A primeira edición desenvolveuse no ano 2017, na cal se propuxo que as fotografías enviadas a concurso recollesen o recuncho favorito do concello de Teo de cada participante. O vencedor foi Diego Vázquez Ares, quen recibiu como premio unha tableta iPad.
Esta segunda edición do concurso ten dúas novidades. Por un banda proponse unha nova temática: a Feira do San Martiño de Francos na súa edición 2018 (aceptaranse tanto fotografías da feira do 11 de novembro como das diversas actividades incluídas no seu programa e que se realizarán nos días previos). E por outra banda, o premio este ano será un teléfono móbil Fairphone, teléfono con criterios éticos e modular.
Para participar no concurso as fotografías poden presentarse de dous xeitos. Unha é subíndoas ás contas persoais das persoas participantes nas redes sociais Twitter ou Instagram acompañadas do hashtag #OMeuSanMartiño e mencionando a conta @MocidadeTeo. Neste caso o proceso de recollida das fotografías está automatizado por medio da plataforma online do concurso e só terá en conta aquelas fotografías publicadas nesas dúas redes sociais que vaian acompañadas do mencionado hashtag, #OmeuSanMartiño. A outra opción é subir as fotografías directamente á plataforma online do concurso, que estará dispoñíbel a partir do 4 de novembro en i.gal/omeuteoII.
O regulamento do concurso pode consultarse en: i.gal/basesomeuteo
Attachment | Size |
---|---|
Regulamento-Concurso-OMeuTeoII.pdf | 85.59 KB |