O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno do Concello inicia os trámites para solicitar que o San Martiño se declare festa de interese turístico

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 29 de novembro en sesión ordinaria. O debate terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión debaterase unha proposta que busca a declaración do San Martiño como festa de interese turístico. Esta declaración permitirá reforzar a protección e a promoción da feira que se celebra cada ano na carballeira de Francos e que conta con máis de 500 anos de historia.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións de 27.09.17 e 25.10.17
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 832/17 á 990/17)
  3. Ditame da proposta da alcaldía de acordo complementario e aclaratorio sobre a bonificación da SR de Calo no imposto de bens inmobles.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de ratificación da resolución da alcaldía de 17/11/2017 relativa á aprobación do proxecto de "Reparación e consolidación da ponte de rúa de Francos, Concello de Teo".
  5. Ditame da proposta da alcaldía sobre a solicitude de declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico de Galicia.
  6. Ditame da moción do grupo  municipal mixto na defensa das reclamacións veciñais pola instalación dunha estación de subministro de combustibles a carón do ceip da Ramallosa.
  7. Proposición do grupo municipal de Son de Teo-Anova, PSdeG-PSOE e do Grupo Municipal Mixto (BNG) para instar á Xunta de Galicia a avanzar na concreción do pacto galego contra a violencia machista acordado polo pleno do parlamento galego o 25 de xaneiro de 2017.
  8. Mocións
  9. Rogos e preguntas
San Martiño