O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno votará os orzamentos municipais do 2019

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 12 de decembro na sesión extraordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Nesta sesión extraordinaria debateranse os orzamentos municipais do 2019. O alcalde, Rafael Sisto, responsable das áreas de economía e facenda no Concello recoñece que "aínda que estamos ás portas dun ano electoral parécenos imprescindible aprobar uns orzamentos que deixen ordenados temas como o persoal despois dos servizos que se municipalizaron nos últimos exercicios". O capítulo de ingresos recolle unha previsión de 16 millóns de euros que se corresonde tamén co capítulo de gastos previsto. "Son uns orzamentos realistas pero que garanten o mantemento dos servizos públicos" indica Sisto ademais de "incrementar partidas como o do servizo de axuda no fogar nunha aposta pola atención a aqueles colectivos máis vulnerables".  Mantense tamén un forte investimento de case 200.000 euros adicado a colaborar no mantemento do movemento asociativo a través de subvencións nominativas. 

Na sesión tamén se votará un convenio  de colaboración co arzebispado de Santiago para que espazos en varias parroquias  do Concello poidan ter un uso público.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2019.
  2. Proposta da alcaldía de aprobación do convenio marco de colaboración co arzebispado de Santiago de Compostela.
Casa do Concello