O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A rapazada de Teo quere que a seguridade viaria sexa un reto colectivo

| compartir:

A rapazada de Teo quere que a seguridade viaria sexa un reto colectivo. Para eso veñen de presentar unha campaña audiovisual na que, a través do oito anuncios, queren sensibilizar a conductores e peóns das súas obrigas nas estradas. 

O Consello Local da Infancia e Adolescencia de Teo (CLIA) constituíuse en febreiro coa presenza da infancia e adolescencia ademais do movemento asociativo, anpas e representantes políticos. A esa reunión o colectivo de rapaces e rapazas de Teo chegaron cunha serie de temas que os preocupaba. E acordaron facer unha campaña audiovisual na que estiveron traballando dende o mes de abril ata agora, momento da presentación. A campaña pódese ver na rede premendo aquí

O lema da campaña é "O podio da seguridade viaria é o noso maior reto". Nos próximos meses traballarase na difusión dos anuncios nos centros educativos e medios de difusión do Concello. 

Podes ver os vídeos na canle de youtube do Concello ou cada un deles premendo nas seguintes ligazóns:

Teledirixido

Salto

Gato

Radar

Lanzamento bola

Bicicleta

Coidados

Perruquería

CLIA